Nova Conferencia programada pola delegación de Ferrol de SGHN dentro do ciclo “Xuntanzas naturalistas”, baixo o patrocinio da Deputación da Coruña. Nesta ocasión, teremos entre nós á bióloga Catuxa Varela Dopico, investigadora da USC no Grupo COPEMOL para a Conservación de peixes e moluscos. A súa conferencia versará sobre o mexilón de río en Galicia, na que dará a coñecer a súa bioloxía e ecoloxía, así como os estudos e proxectos de rexeneración e a súa problemática ambiental.
A actividade terá lugar o vindeiro venres día 17 de novembro ás 19:30, no salón de actos do Museo de Historia Natural en Canido. Unha vez máis, contamos coa túa participación, pero cómpre lembrar que aínda que a actividade é libre, o aforo do auditorio é limitado.