O sábado 22 o prestixioso espazo Nómadas de Radio Nacional de España dedicou un dos seus capítulos á cidade de Ferrol, incluindo nel ao museo de Historia Natural da SGHN polo que o delegado de Ferrol, Xan Rodríguez Silvar, fixo unha visita e relato das orixes e contido da entidade. Pódese escoitar esta áxil e recomendable introdución a Ferrol premendo aquí.