Dentro do ciclo “Outono Naturalista” de actividades de divulgación organizado pola SGHN-Ferrol, está prevista unha saída diurna ao areal e lagoa de Doniños o vindeiro sábado 14, co fin de contrastar coa saída nocturna do sábado 7.
Ao igual que o resto das actividades ofertadas dentro deste ciclo pola SGHN-Ferrol, esta saída é gratuíta grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, pero é precisa a inscrición previa.
- Inscrición previa imprescindible: correo electrónico ferrol@sghn.org ou teléfonos 698141384 · 881931315
- Límite de participantes: 20 prazas.
- Punto de partida: aparcadoiro de Outeiro (praia de Doniños, Ferrol): https://goo.gl/maps/Y12SiZTgVvq
- Duración aprox.: 10:00-13:00 h.
- Distancia aprox.: 3,2 km.
- Recomendación: levar roupa e calzado cómodos, acordes coa predicción meteorolóxica.