Presentación do proxecto REGODAL no MHN-Ferrol de SGHN

Presentación do Proxecto REDOGAL da Xunta de Galicia no Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol

O pasado venres 6 de outubro presentouse no Museo de Historia Natural de Ferrol da SGHN (MHNF-SGHN) o Proxecto REDOGAL da Xunta de Galicia.

O malacólogo Juan Trillo visitou unha vez máis o noso museo, nesta ocasión para presentar REDOGAL, o proxecto da Xunta de Galicia para promover o coñecemento da biodiversidade mariña, cunha iniciativa de participación cidadá dirixida tanto a profesionais como a afeizoados ao mar e ao público en xeral, mediante o envío de fotos de organismos mariños a unha web ou unha APP.

A clasificación e mantemento do proxecto está levado polo GEMM (Grupo de Estudos Mariños), que clasifica as especies non identificadas (ver guía con algunhas das especies).

Esta actividade do MHN encádrase nas cláusulas 3 e 6 que recollen o convenio de colaboración da SGHN co Concello de Ferrol, que serían respectivamente: «Organización de cursos e obradoiros ambientais, charlas divulgativas, conferencias, xornadas técnicas (presenciais e telemáticas)» e «Colaboración con iniciativas privadas ou públicas na realización de actos relativos á sensibilización ambiental e a divulgación do patrimonio».

As actividades en xeral do Museo de Historia Natural da SGHN son posibles grazas ao convenio asinado co Concello de Ferrol, ás subvencións por concorrencia competitiva coa Deputación Provincial da Coruña (material inventariable, así como actividades no mes de decembro), ás cotas das persoas asociadas á SGHN, e ás doazóns do público visitante.