Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
BRAÑA monográfico sobre os 10 últimos anos de censos de aves invernantes: 2016-2025
Un dos bioindicadores da saúde das aves invernantes e as zonas húmidas son os Censos de Aves Invernantes, que se coordinan internacionalmente a través de Wetlands International. SGHN leva facendo estes censos dende 1974, ininterrumpidamente, máis de cincuenta anos de traballo sen interrupción, que permiten avaliar o estado das nosas…
Indicadores eto-fisiolóxicos como centinelas da conservación en espazos naturais
Nova conferencia do ciclo de Xuntanzas Naturalistas organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN co patrocinio da Deputación da Coruña. O uso conxunto da etoloxía e a fisioloxía da conservación é esencial para unha xestión eficiente de espazos protexidos. Ao correlacionar comportamentos e respostas endocrinas, pódese avaliar cómo as alteraciones…
Entidades ecoloxistas pedimos á Xunta que suspenda o concurso de pesca do salmón no Ulla
Recentemente, ADEGA, AEMS, FEG, SGHN e Asociación Lobo propuxemos a inclusión das poboacións galegas de salmón atlántico (Salmo salar) no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA), coa categoría “En perigo de extinción”. A Xunta, através da Orde de 11 de decembro de 2025 que establece as normas para a pesca…
Imos contar… camariñas
300 camariñas no viveiro, 2300 camariñas próximamente Ao fío das últimas novas relativas á camariña (Corema album) nas Illas Atlánticas, SGHN aproveita para felicitar sinceramente ao Parque Nacional e á Consellería por afrontar estes traballos de propagación en viveiro para reforzas as minguadas poboacións nas dunas do parque. Dito doutro…