Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
O bosque en miniatura: o fascinante mundo das briófitas
Nova conferencia do ciclo de Xuntanzas Naturalistas organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN co patrocinio da Deputación da Coruña. As briófitas son o grupo máis antigo de plantas terrestres que existen na actualidade. Apareceron por primeira vez hai uns 500 millóns de anos, cando a vida comezaba a colonizar a terra,…
Saída de hérpetos polo sur de Ourense
Saída ao monte Xalo
O domingo 26 de abril, na Delegación das Mariñas realizamos unha nova saída, do programa acordado co Concello de Sada. Desta volta achegámonos a outro espazo senlleiro da comarca: O Monte Xalo. A pesares da urbanización desregulada e as plantacións forestais, preserva esta contorna interesantes valores ambientais e culturais, aos…
BRAÑA monográfico sobre os 10 últimos anos de censos de aves invernantes: 2016-2025
Un dos bioindicadores da saúde das aves invernantes e as zonas húmidas son os Censos de Aves Invernantes, que se coordinan internacionalmente a través de Wetlands International. SGHN leva facendo estes censos dende 1974, ininterrumpidamente, máis de cincuenta anos de traballo sen interrupción, que permiten avaliar o estado das nosas…
