Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Apoio de SGHN a Manuel García e o MEL
Importante poboación de Woodwardia radicans ameazada pola modificación da AC-566
La Voz de Galicia do 21/02/2020 recolle unha noticia referente á modificación por parte da Xunta de Galicia de “A estrada AC-566, entre os puntos quilométricos 13+100 e 17+070, no municipio de Valdoviño… Os traballos comezarán xusto ao saír do núcleo urbano de Valdoviño, cunha mellora do trazado existente ao…
Convivindo con osos en Galicia
Charla no MHN de Ferrol: convivindo con osos en Galicia Impartida o 20/2/2020 por Fernando Ballesteros, biólogo de la Fundación Oso Pardo, responsable do programa LIFE OSO COUREL e presentado por Augusto de Castro, zoólogo, profesor da USC e Óscar Rivas, veterinario, presidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Unha aproximación…
Celebrando o “Día Mundial dos Humidais” e o aniversario da Sección Antela
“As zonas húmidas son os ecosistemas máis degradados a nivel mundial, calcúlase que nos últimos anos teñen desaparecido casi o 70% das zonas húmidas do mundo e a cousa vaise ir complicando”. Esta frase, que pode parecer catastrófica ou demasiado xeneralista, é unha realidade que non pasa desapercibida nalgúns lugares…
