Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Eucaliptos e lume
A raíz sobre todo do terrible incendio forestal de Pedrogao Grande en Portugal e da vaga de lumes do pasado mes de outubro en Galicia, o comportamento fronte ao lume das distintas especies forestais, nomeadamente de eucaliptos e piñeiros, saltou aos titulares dos medios de comunicación e entrou de cheo…
Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Stenotaphrum secundatum (Walt.) Kuntze
Coñecida popularmente como grama americana ou gramón, esta gramínea procedente de América tropical e subtropical foi citada por vez primeira en Galicia no ano 1909 por Merino. Foi introducida como especie ornamental para empregala como céspede. Cando escapa do cultivo, naturalízase rápidamente invadindo ambientes ruderais e zonas alteradas da costa,…
Proxecto Libera Natureza sen lixo: terceira xornada na Veiga de Gomareite
Dende que se iniciou o desenvolvemento da proposta “Acción para revertir parcialmente y atenuar la degradación sufrida por los procesos de desecación, concentración parcelaria y vertidos de basura, escombros y residuos en la Veiga de Gomareite” presentada pola SGHN ao proxecto “LIBERA, naturaleza sin basura” houbo bastante inquedanza ante a…
Comunicado de SGHN sobre os eucaliptos
A Lei 42/2007 e o Real Decreto 630/2013 definen como “especie exótica invasora” a “especie exótica que se introduce ou establece nun ecosistema ou hábitat natural ou seminatural, e que é un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa, xa sexa polo seu comportamento invasor, ou polo risco de contaminación…