Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Fichas de identificación dos anfibios galegos
Alegacións á transformación dunha barreira naturalizada
SGHN presentou alegacións ó proxecto de transformación dunha barreira naturalizada en terreo industrial no límite do ZEC “Gándaras de Budiño” (ES1140011). Entre outros efectos está a eliminación da colonia de anidación da anduriña das barreiras (Riparia riparia) e probable presenza de sapoconcho europeo (Emys orbicularis). Aínda que o informe do promotor do…
7ª actualización do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia (ano 2017)
Unha vez acumulados os datos obtidos durante o ano 2.017 aos rexistrados no período 2005-2016, hai un total de 19.784 datos totais, aos que lle corresponden 4.926 datos non repetidos (24,9%). De anfibios obtivéronse 12.089 datos, dos cales 2.684 (22,2%) foron datos non repetidos, e de réptiles 7.695 datos totais…
Planta de “tecnosolos” en Miramontes: a perversión dunha boa idea (II)
Como continuación da información difundida nesta web o pasado mes de febreiro (Ver o artigo) sobre as actuacións desenvolvidas por SGHN diante da intolerable situación no “Complexo ambiental de Miramontes” (sic), contribuimos agora a divulgar o video gravado pola Plataforma de afectados, que podes ver neste artigo.
