Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Axudas á forestación: grave risco para aos hábitats de interese e ás especies ameazadas
O pasado 26 de abril publicouse no DOG a “ORDE do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se…
Alegacións á transformación dunha barreira naturalizada
SGHN presentou alegacións (pdf) ó proxecto de transformación dunha barreira naturalizada en terreo industrial no límite do ZEC “Gándaras de Budiño” (ES1140011). Entre outros efectos está a eliminación da colonia de anidación da anduriña das barreiras (Riparia riparia) e probable presenza de sapoconcho europeo (Emys orbicularis). Aínda que o informe do…
As luces do Norte: Auroras boreais Efemérides astronómicas de maio
As Auroras sempre fascinaron á humanidade, ata o extremo de querer viaxar miles de quilómetros só para ver esa fermosa luz de brillantes cores que se mostra na atmosfera da Terra. As auroras teñen lugar nas proximidades dos polos magnéticos terrestres. As que rodean o polo Norte magnético denomínanse Auroras…
