Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
As luces do Norte: Auroras boreais Efemérides astronómicas de maio
As Auroras sempre fascinaron á humanidade, ata o extremo de querer viaxar miles de quilómetros só para ver esa fermosa luz de brillantes cores que se mostra na atmosfera da Terra. As auroras teñen lugar nas proximidades dos polos magnéticos terrestres. As que rodean o polo Norte magnético denomínanse Auroras…
Caliza, diñeiro e mentiras no P.N. da Serra de Enciña da Lastra. Outra vez!
Eucaliptos e lume
A raíz sobre todo do terrible incendio forestal de Pedrogao Grande en Portugal e da vaga de lumes do pasado mes de outubro en Galicia, o comportamento fronte ao lume das distintas especies forestais, nomeadamente de eucaliptos e piñeiros, saltou aos titulares dos medios de comunicación e entrou de cheo…
Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Stenotaphrum secundatum (Walt.) Kuntze
Coñecida popularmente como grama americana ou gramón, esta gramínea procedente de América tropical e subtropical foi citada por vez primeira en Galicia no ano 1909 por Merino. Foi introducida como especie ornamental para empregala como céspede. Cando escapa do cultivo, naturalízase rápidamente invadindo ambientes ruderais e zonas alteradas da costa,…
