Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Este ano só queda unha parella de píllara das dunas en Ferrol
A Píllara das dunas, Charadrius alexandrinus, é unha das escasas especies limícolas aniñantes en Galicia. Nos dous últimos anos unhas 80 parellas elixiron 21 praias, a maioría na provincia da Coruña, seguida de Pontevedra, estando ausente en Lugo e o norte ortegano. O tamaño ideal da poboación galega sería de…
Exposición de fotografías astronómicas

33 anos de permisos ilegais para capturar frinxílidos
Coa súa entrada na Unión Europea en 1985, España asumiu como propia toda a lexislación comunitaria, incluida a Directiva 79/409/CEE sobre protección das aves silvestres, máis coñecida como Directiva Aves e hoxe actualizada na Directiva 2009/147/CE. Dende aquela xa lonxana data a captura de frínxilidos polos afeccionados ao silvestrismo para concursos…
III Congreso de fotografía de longa exposición
Na fin de semana do 13 e 14 de xullo celebrarase no Mosteiro de Santa Catalina en Ares o “III Congreso de fotografía de larga exposición”, no que colabora a Sección de Astronomía de SGHN.
