Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Planta de tecnosolos en Miramontes: a perversión dunha boa idea
Con data 08-02-2018, SGHN recibiu da “Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago-Miramontes” unha extensa documentación relativa á planta de produción de tecnosolos na antiga canteira de Miramontes, no lugar de Grixoa (Santiago de Compostela) entre a que se inclúen as analíticas de 23 mostras de “supostos tecnosolos” recollidas e…
Novo artigo na revista BRAÑA
Obradoiro de debuxo e pintura da natureza
A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza durante o ano 2018 un obradoiro de debuxo e pintura da natureza, distribuído en en oito meses con unha sesión/mes (programa). Está pensado para ser impartido cun enfoque práctico e na maioría das sesións se realizarán saídas de…
Regreso ao pasado: 33 anos despois a Xunta de Galicia desprotexe ao acibro
No DOG de hoxe, cunha disposición indignamente embutida á forza no Decreto 11/2018 que regula a composición do Observatorio Galego de Educación Ambiental (!!!), a Xunta de Galicia ven de derrogar a Orde do 10 de decembro de 1984, pola que “considerando a importancia ecolóxica do acivro e a súa utilidade para a…
