Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Xestión do arborado urbano na cidade de Ourense
Ourense, 08-09-2017 O Grupo de Arborado Urbano da Delegación en Ourense da Sociedade Galega de Historia Natural mostra, como SGHN leva dicindo hai xa máis de 30 anos, a súa preocupación polo tratamento do arborado urbano na provincia de Ourense, e nomeadamente na súa capital. O problema do debilitamento das…
Novo artigo na revista BRAÑA Censos de aves acuáticas invernantes en Galicia 1996-2015: Rías Altas do Cantábrico
Santiago, 25-08-2017 SGHN está a realizar dende 1973 os censos de aves invernantes acuáticas, imprescindibles para a protección destas aves e os espazos que ocupan, pois permiten avaliar a evolución das poboacións e a saúde dos sistemas lacustres para as manter. Unha análise completa de dez anos (1996-2005) xa foi…
Espazo profundo: Nebulosa Trífida
‘Pastorear’ incendios? Mellor pastorear gando
Fai uns días, Alejandro García Hernández defendía nas páxinas de El País que “as queimas prescritas e o ‘pastoreo’ dos incendios son unha ferramenta sensata e eficiente” para loitar contra os grandes incendios forestais. En base á miña experiencia, como investigador sobre o tema e habitante dunha das zonas con maior actividade incendiaria de…
