Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Espazo profundo: Nebulosa de Norteamérica
Na constelación do Cisne, tamén coñecida como a Cruz do Norte, atópase a nebulosa de emisión (NGC 7000, Caldwell 20) tamén coñecida como Nebulosa de Norteamérica, situada 3º ao leste da estrela Deneb (Alfa Cygni). Trátase dunha nube de gas interestelar ionizado por estrelas novas e quentes incrustadas dentro da…
2ª cursiño en Sada Usos tradicionais das plantas medicinais
A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia organiza a segunda edición do cursiño sobre usos tradicionais das plantas medicinais en Galicia, centrándonos no caso do Courel, impartido pola farmacéutica María Moure, que estivo recompilando ampla información sobre este tema varios anos na Serra do Courel e aínda…
Exposición sobre o proxecto de Xeoparque do Ortegal no Museo de Historia Natural
A exposición temporal, consistente nunha selección da colección persoal do xeólogo Dr. Francisco Canosa, inclúe minerais, rochas e material divulgativo de gran calidade. Todo constitúe o cerne dunha exposición singular para axudar a valorar a importancia internacional da xeoloxía do Ortegal. A exposición complementouse coa conferencia que o Dr.…
Unha proposición indecente no Parlamento Galego
No Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (nº 154, do 28-07-2017) publicouse a proposición de “lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia“, presentada polo Grupo Parlamentario Popular polo trámite de urxencia. Se unha cousa hai que recoñecer nesta proposta de lei é que as intencións dos seus…