Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Investigación de oficio da Defensora del Pueblo sobre Corcoesto
SGHN tivo acceso á resposta do Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental sobre a investigación de oficio que abriu a Oficina da Defensora del Pueblo polos alarmantes niveis de arsénico na zona de Corcoesto onde Edgewater Exploration pretende explotar unha mina de ouro a ceo aberto. Na resposta do Subdirector Xeral transcríbese e tradúcese parcialmente…
Proxecto de mina de ouro en Corcoesto: ameaza para a saúde humana e a dos ecosistemas
Niveis de arsénico nos solos galegos Na monografía “Niveles genéricos de referencia de metales pesados y otros elementos traza en suelos de Galicia” (Macías Vázquez, F., Calvo de Anta, R., 2009) realizada no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago por encargo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento…
Galicia é unha mina… (para algúns)
SAÍDA AOS SOBREIRAIS DO ARNEGO
A Delegación de As Mariñas da SGHN organiza unha saída aos Sobreirais do río Arnego (A Golada, Pontevedra) o domingo, 14 de abril de 2013. Farase un percorrido de 6 km de dificultade baixa á beira do río Arnego e arredores e recoméndase levar comida, calzado e roupa axeitada Lugar…
