Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Incendios e “feitos alternativos”, outra vez
Desde fai 45-50 anos o número, a extensión, a severidade e a recurrencia dos incendios en Galicia NON se corresponden coas súas condicións climáticas e os seus ecosistemas, senón que se deben a unha actividade incendiaria moi intensa e case permanente. Xeralmente dita actividade incendiaria non desencadea unha vaga de…
Incendios forestais: a xeometría do lume
Tradución do artigo do Presidente de SGHN e Investigador Científico do CSIC publicado no blog do CSIC “Ciencia para levar” o 27/07/2021 Tradicionalmente considerouse que tanto o inicio como a propagación do lume son unha cuestión de triángulos. Para que se inicie un lume son necesarios tres factores: combustible, comburente…
Colapso hidrolóxico na Limia, outra vez
O Plan Hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil establece para o período xullo-setembro un caudal ecolóxico mínimo de 0,84 m3 s-1 no río Limia ao seu paso por Ponte Liñares. Pero os datos en tempo real da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” revelan…
Mina de Doade
O proxecto Mina Doade, no concello ourensán de Beariz, é a primeira solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación “Alberta I, 1ª fracción, nº 4966.1”, que abrangue terreos entre as provincias de Ourense e Pontevedra. Cunhas reservas confirmadas de 17,3 millóns de toneladas, a explotación sería subterránea…