Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
Observación astronómica en Muras
Saída naturalista por Fragas do Ortegal
Primeira actividade de interpretación do medio dentro das actividades subvencionadas pola Deputación da Coruña, organizada pola delegación de Ferrol da SGHN. Esta actividade, gratuíta ao vir subvencionada pola Deputación da Coruña, é complementaria á charla divulgativa sobre a asociación Fragas do Ortegal e os proxectos que están a desenvolver que terá…
Fragas do Ortegal, historia e proxectos da asociación
A Delegación de Ferrol da SGHN organiza co patrocinio da Deputación da Coruña e dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas a conferencia “Fragas do Ortegal, historia e proxectos da asociación”, que terá lugar o vindeiro venres 20 de xuño ás 19:30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, Praza…
Ampliación das moratorias ao eucalipto
Asinan a declaración 26 entidades de todo o Estado As organizacións ecoloxistas esixen ampliar e estender as moratorias ao eucalipto en todo o norte peninsular para frear a súa expansión e protexer a biodiversidade Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025.- Até 26 organizacións ecoloxistas de ámbito estatal e…
