O concello de Ourense pretende construir un pabellón do mundo termal, un hotel de congresos e reunións e un hotel balneario na marxen dereita do río Miño, en A Chavasqueira, un barrio ourensano. O lugar é un anaco de marxen aínda conservado entre solos urbanos consolidados, con máis da metade da superficie incluída na zona de inundación dos 100 m.
Para coñecer o proxecto a SGHN-Ourense, participou no “Trámite de consultas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica”, solicitado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Daquela, o exposto como “Plan de encauzamento do río Miño o seu paso por Ourense” foi un Documento de inicio de 21 páxinas, meramente descriptivas, para unhas obras de 2 kms de lonxitude en ambas marxes do río Miño, ampliables noutros dous.
A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Avaliación Ambiental, rexeitou a nosa petición de avaliación ambiental estratéxica e o “Plan” saiú a exposición pública no BOP de Ourense o 12 decembro 2011 e no DOG o 3 de xaneiro de 2012, agora como “Plan de canalización do río Miño ó seu paso por Ourense”.
A SGHN-Ourense, de acordo có anunciado nos boletíns, reclamou a inserción do “Plan” na web do concello, o que tras dúas peticións presentadas no Rexistro Xeral, conseguíu o 25 de xaneiro, cando xa pasara o prazo de 30 días da exposición pública do BOP e 22 da do DOG.
Pero nesta ocasión o “Plan” é un “estudio batimétrico de un tramo de 2 km del río Miño a su paso por la ciudad de Ourense”, realizadopara coñecer ata onde chegan as crecidas dos 100 e 500 anos, dato que o concello ignoraba a pesar de ter instalacións termais no lugar, que, conseguintemente e ano tras ano, resultan destruídas ou danadas coas crecidas invernais. O estudo batimétrico, contén: a Portada (páxina 1), o Índice (páxina 2), e a Memoria (páxinas 3 a 10) e oito fotografías, do personal e lancha neumática utilizada, có titulo de Más documentos(páxinas 12 e 13). En consecuenica, continúase descoñencendo o “Plan” e dubídase da súa existencia.
Toda a información en Alegacions_canalizacion_Minho_2012-02-03.