Vespa velutina ás portas de Galicia

Vespa velutina

A SGHN fíxose eco dun artigo científico nos que se indicada que en novembro de 2011 foi localizado en Viana do Castelo (Portugal), a escasos 15 km de Galicia varias Vespa velutina (Vespidae, Hymenoptera), unha especie considerada invasora, procedente de China e moi agresiva coas abellas (Apis melifera).

Ante esta situación, con data 24 de xaneiro de 2012, alertouse por escrito á administración competente, solicitando medidas preventidas e que estableceran contacto coas administracións que teñen experiencia na loita contra esta especie, ó obxeto de coñecer experiencias previas e optimizar os recursos humanos e económicos, como a Francesa, Navarra e Vasca.

Igualmente solicitouse que se informe á gardería e apicultores da situación e se cree un protocolo para detectar e informar de calquera ataque e lograr a localización dos niños e raiñas desta especie para a súa pronta eliminación.

Recentemente recibimos resposta da administración informando que toman nota e empezan diversas accións para controlar esta especie.