Polas ribeiras do Miño e o Loña

4ª Saída botánica do grupo de arboredo urbán

Efectivamente, o pasado 16 de xuño, socios e amigos de SGHN, tivemos ocasión de disfrutar dunha interesantísima actividade botánica organizada polo grupo de Arboredo Urbano de SGHN. Consistíu nun paseo guiado polas riberas dos rios Miño e Loña no seu tramo urbano. A xornada enmarcouse nunha serie de visitas preparadas por este grupo de traballo, e que teñen como obxectivo dar a coñecer as zonas verdes da cidade dende un punto de vista botánico e tratar de contribuir con elo á sua conservación .

Durante máis de tres horas e guiados por D. Juan Higueras, Enxeñeiro de Montes, consocio e integrante do Grupo de Arboredo, e de D. Vicente Rodríguez Gracia, botánico, consocio e  gran coñecedor da historia da cidade, un nutrido grupo de participantes percorremos a marxe esquerda de ambos ríos nun total preto de tres kilómetros. Deste xeito tivemos ocasión de coñecer polo miudo a flora deste espazo tan próximo é á vez descoñecido e maltratado, facendo especial fincapé  na problemática das prantas invasoras que, da man do ser humano,  teñen transformado enormemente este espazo empobrecendo en gran medida a súa biodiversidade.

Como ven sendo habitual, a xornada resultou moi participativa e os asistentes puideron coñecer as peculiaridades da flora que se atopa nestas ribeiras, a evolución da vexetación desde o natural ata a actualidade, etc., así como compartir coñecementos e resolver dúbidas.

Para completar a xornada de aprendizaxe e disfrute, o noso consocio José Ramón Seara contibuiu cunhas breves pinceladas sobre as peculiaridades xeolóxicas deste espazo, concretamente o carácter do rio Loña.

E pouco máis queda que dicir, outra xornada única da man de dous grandes coñexedores da botánica e a vexetación. E imos pensando xa na seguinte, así que moitas grazas a todos os participantes… e ata pronto.