Mesa informativa sobre aves insectívoras en Loñoá

O pasado domingo 11 de agosto, dous socios de SGHN levaron a cabo unha pequena tarefa de divulgación orientada a dar a coñecer tres das aves migratorias que crían en entornos humanizados, como son a anduriña común, o cirrio, e a anduriña de cú branco.

A actividade realizouse dentro durante a II Feira Etnográfica de Loñoá do Camiño no concello ourensán de Pereiro de Aguiar, organizada pola asociación Sustinea con diversas actividades. Escollimos esta aldea por acubillar, dende hai tempo, unha pequena colonia de anduriña de cú branco e formar parte en maior ou menor medida do territorio de cría das outras dúas especies. 

Niños de anduriña de cú branco (Delichon urbicum)

Encadrada no ambiente festivo que rodeaba á feira, o labor consistiu nunha mesa informativa que buscaba transmitir a singularidade destas tres pequenas aves e concienciar á xente da importancia da súa conservación.

Durante ás oito horas que a mesa estivo instalada, moitos foron os nenos e maiores que se achegaron a ela con curiosidade, e mesmo para contar as súas experiencias con estas pequenas viaxeiras, tan ligadas ó ser humano. Para elo tratouse de facer fincapé na problemática que afecta a estas especies outrora tan comúns e que pola acción do home están a desaparecer lenta e silenciosamente dos nosos pobos e cidades.

Pois sí, outra actividade exitosa de SGHN, que de seguro tentaremos repetir con este e outros temas no futuro próximo … estamos xa a agardar a vosa colaboración para continuar este camiño.

Moitas grazas aos organizadores desta actividade, a aqueles que participaron e ao pobo de Loñoá.