Premios Ceos Galegos

Énos grato comunicarvos que á Sección de Astronomía da SGHN en colaboración coa asociación Fotografía Ferrolterra, foille concedido o Segundo premio de mellor fotogafía con telescopio 2018 (voto popular). Foto que tamén foi nomeada para a final a tres de mellor Astrofotografía con telescopio 2018 (premio do xurado especializado) que se resolverá o vindeiro domingo día 13.

A foto premiada é “a Galaxia de Andrómeda desde As Louseiras” e foi realizada polo noso compañeiro Marcos Lopez Alonso.