Presentación de Paxaros II, xogo de identificación de parellas

Venres 10 de setembro ás 19,30 H no salón de actos do Museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol. Acto libre ata completar aforo.

Interveñen : André Ramil Díaz (debuxante) e Diego Rodríguez Piñón (idea orixinal e coordinación).

A SGHN Ferrol retoma as actividades no Museo de Historia Natural, en colaboración co Concello de Ferrol, coa presentación da segunda parte dun interesante material didáctico para o coñecemento das aves, promovido polo Colectivo Cultural Rampla de Cedeira.

Sobre André Ramil pode consultarse:
https://quiosco.lavozdegalicia.es/historicoPagina/20210128/SL28F28