O ceo en setembro de 2021

Efemérides

  • Día 5: Aniversario do lanzamento da Voyager1 a Xúpiter e Saturno (1977). Na actualidade atópase a 23.010.000.000 de quilómetros do Sol, e sigue a súa viaxe polo espazo a 17 quilómetros por segundo.
  • Día 7: Ás 02:52 h Lúa Nova.
  • Día 9: Choiva de estrelas Perseidas de Setembro, actividade do 2 o 23, cun máximo de 5 por hora o día 9.
  • Día 10: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 13: Ás 10:38 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 17: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 18: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 21: Ás 01:54 h Lúa Chéa.
  • Día 22: A 09:21 a Terra no equinoccio, comenza o outono no hemisfério norte, primavera no sur.
  • Día 23: Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astrónomo J. Galle (1846).
  • Día 29: Ás 03:57 h a Lúa en Cuarto minguante.

Planetas

  • Mercurio en Virgo cunha magnitude de 0,11, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Venus en Virgo cunha magnitude de -4,13, poderase observar nos solpores aproximadamente durante unha media hora.
  • Marte en Virgo cunha magnitude de -1,74, pola súa proximidade ao Sol non visible.
  • Xúpiter en Capricornio cunha magnitude de -2,8, observarase casi toda a noite.
  • Saturno en Capricornio cunha magnitude de 0,39, observarase casi toda a noite.
  • Urano en Aries cunha magnitude de 5,7, visible con prismáticos casi toda a noite.

Cometas

  • Pola súa magnitude superior a 10 son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de setembro ás 24 horas