Presentación do libro “Ferrol y la biología marina”

O vindeiro venres ás 19 h, no salón de actos do Museo de Historia Natural de SGHN na praza de Canido de Ferrol, Carlos Brezmes presentará o seu libro Ferrol y la biología marina no que fai un repaso ao traballo desenvolvido por ilustres naturalistas como Humboldt, Paz y Memmiela, López Seoane ou María de los Ángeles Alvariño e, como non, tamén por entidades como aa Sociedade Galega de Historia Natural.