Saída guiada á costa de Dexo

A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza unha saída guiada ao Monumento Natural Costa de Dexo en Oleiros (A Coruña). Principalmente estaremos visitando a zona onde aniñan os corvos mariños cristados (a maior colonia de cría, sen contar as illas, na península) pero sen molestar ás aves. O punto de encontro será nas praza do aparcadoiro á altura da rúa Celso Emilio Ferreiro, 72 en Mera. https://goo.gl/maps/gpn6jm8wM9CWGFXP9. Agradecemos que se comparta o transporte privado.

A actividade está financiada nun 80% pola Deputación de A Coruña dentro do programa DP0031 de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente

A activade é gratuíta para os socios e socias, o resto de participantes deberán realizar un ingreso bancario na nosa conta de 8 € por persoa. Pedir número de conta no correo electrónico: asmarinhas@museo