Sanción ao Concello de Ourense por vertido de augas fecais

A raíz dunha denuncia realizada pola SGHN-Delegación Ourense, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de impoñer unha sanción de 3.622,08 € polo “vertido de augas residuais o día 10-06-2011, procedentes do alivio en tempo seco do saneamento municipal, sen a preceptiva autorización deste Organismo de bacía” no río Loña. Do dito importe, 3.000 € son en concepto de multa de conformidade co disposto no Artigo 117.1 da Lei de Augas estatal e 622,08 € como indemnización dos danos producidos no dominio público hidráulico (CHMS_Sancion_Concello_Ourense_vertido_fecais). Malia considerarse como “circunstancia agravante de responsabilidade de repercusión no orde e aproveitamento do dominio público hidráulico, ao existir, augas abaixo do vertido, zonas de baño” a sanción é por infracción leve, lonxe do máximo de 6.010,12 € que se podería impoñer.