Á vista do que se leva feito, do que se está facendo e do que aínda queda por facer, non cabe dúbida algunha de que o lema da Sección Antela da SGHN vai ser ”É difícil pero non imposible”.
A mañá comenzou cunha temperatura máis ben “fresquiña” (- 6º C) que recomendaba algo de acción para aguantar o frío. O traballo a realizar era o tratamento da vexetación (desbroce e corta de mato) nun dos predios alugados ao BANTEGAL-AGADER para facilitar a rexeneración de pastos e posterior pastoreo por un rebaño de pericas do gandeiro con quen asinamos o último acordo de custodia do territorio. Como sempre se comenta nestas actuacións é imprescindible a presencia de gando en extensivo para a conservación dalgúns hábitats como estas veigas propias da comarca limiá.
A parcela está situada na Veiga de Porqueira e nela xa se fixera unha primeira intervención e sinalización no ano 2015 logo do aluguer, pero o mato de leguminosas (xestas marela e blanca, codesos e toxo) estaba xa recuperando os espazos máis secos avanzando sobre a vexetación herbácea que medra nas áreas máis húmidas. Como o previsto era realizar esta actuación só pola mañá é o obxectivo era actuar sobre a maior superficie posible non houbo moito tempo para tomar descansos así que rápidamente organizouse todo o mundo e coas ferramentas dispoñibles pouco a pouco foise dando boa conta do mato, as xestas e codesos máis grosos foron amoreados en varios puntos para deixar zonas refuxio para pequenos mamíferos e aves.
O traballo deuse por rematado para ir xantar quedando desbrozada case toda a parcela e amoreada unha boa cantidade de material, condicións bastante axeitadas para traer as ovellas que xunto cós pastores rematarán a faena. As cegoñas andiveron a controlar o traballo e non cabe dúbida de que elas darán algún que outro paseo pola parcela especialmente unha vez que o rebaño realice o seu traballo e aparezan os insectos asociados ás cagarrutas das ovellas
É de reseñar que á superficie da parcela alugada ao Bantegal pola SGHN, súmanse outras dúas parcelas anexas grazas a outros acordos entre os gandeiros e os propietarios có que a superficie total non é nada despreciable e facilitará algo o traballo destes emprendedores chegados a Limia fai uns poucos anos.
Pola tarde quedaba outra nada desdeñable tarefa. O 21/12/2017 estivemos a retirar lixo na Veiga de Gomareite xornada incluída dentro do proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:”LIBERA, naturaleza sin basura”. O material retirado quedou depositado na superficie da Veiga recollido en 12 sacos de de 0,4 m3 á espera dunha posterior xornada de retirada dentro de mesmo programa.
Á vista do que se leva feito, do que se está facendo e do que aínda queda por facer, non cabe dúbida ninguna, o lema da Sección Antela da SGHN vai ser ”É difícil pero non imposible”.
Despois dunha mañá de traballo nun dos predios alugados ao BANTEGAL-AGADER para facilitar a rexeneración de pastos e posterior pastoreo por un rebaño de pericas do gandeiro con quen asinamos o último acordo de custodia do territorio pola tarde quedaba outra nada desdeñable tarefa. O 21/12/2017 estivemos a retirar lixo na Veiga de Gomareite xornada incluída dentro do proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:“LIBERA, naturaleza sin basura”. O material retirado quedou depositado na superficie da Veiga recollido en 12 sacos de de 0,4 m3 á espera dunha posterior xornada de retirada dentro de mesmo programa.
Como sempre decimos outra magnífica xornada de traballo en A Limia, disfrutando da compañía e cumprinco obxectivos recuperando humedais e colaborando coa gandeiría en extensivo. E, unha vez máis, coa satisfacción do traballo realizado, MOITAS GRAZAS, BEONFEITORES !!