Convenio de SGHN e Glemosfera para conservar o nenúfar

O convenio ten como obxectivo a conservación das poboacións de nenúfar branco (Nymphaea alba) en Galicia. Os lugares de traballo inicialmente contemplados son as a comarca da Limia (Ourense) e as Gándaras de Budiño (Pontevedra) aproveitando as sinerxias do coñecemento destas zonas por SGHN e a experiencia coa especie de Glemosfera, que xa ten convenios noutras tres comunidades. A pesar de que as catro provincias galegas deberían ter, en teoría, polo menos unha poboación desta especie, a realidade é que a de Lugo (Ollos de Begonte) podería ter desaparecido. A Coruña é a provincia con máis localizacións, en Sobrado dos Monxes, Doniños e Xuño; seguida de Ourense con Maside e Antela e, por último, Pontevedra coa das Gándaras de Budiño.

Pero o peor non é que existan poucas e moi localizadas poboacións, senon que aos poucos van decaendo. Ademais da posible desaparición da especie nos Ollos de Begonte (Lugo), compre salientar que nos últimos 15 anos reduciuse considerablemente a superficie ocupada na canle de Antela, que acubilla a principal poboación galega. A pesares desta situación, o nenúfar branco no está incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. SGHN e Glemosfera confían en que a súa colaboración contribúa sustancialmente a mellorar a situación do nenúfar branco en Galicia.