Sisón: camiño dunha extinción que non se intenta evitar

Hai case 12 anos, o Decreto 88/2007 creou o Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA). O sisón quedou incluido na categoría de máximo risco: “En perigo de extinción”. O Artigo 15 do Decreto establece a obligatoriedade de elaborar plans de recuperación para as especies en perigo de extinción. Tamén plans de conservación para as especies vulnerables.

Tetrax_tetrax
Sisón común (Tetrax tetrax)

Dende entón, SGHN ven reclamando insistentemente a elaboración de ditos plans de recuperación e conservación. No Observatorio Galego da Biodiversidade. No Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. En canto comunicado de prensa, entrevista ou charla divulgativa na que se aborda a biodiversidade.

Pero en 12 anos, a Consellería de Medio Ambiente elaborou tan só dous plans de recuperación: Sapoconcho común e Escribenta das canaveiras. De conservación tan só un, o da Píllara das dunas. Nalgún caixón da Consellería durme o “sono dos xustos” a revisión do plan de recuperación do Oso pardo, cun proxecto de Decreto en borrador dende o 14-03-2013. Tamén 22 plans de conservación ou recuperación encargados a asistencias técnicas en 2008.

SGHN ven laiándose, unha e outra vez, que o Decreto 88/2007 non sirve case para nada. Que ao ritmo actual farían falla 407 años para ter todos os plans de recuperación das especies en perigo de extinción. E nada menos que 1.309 anos para ter redactados os das especies vulnerables.

SGHN insiste ata a saciedade que as nosas especies máis ameazadas NON poden agardar máis polos seus instrumentos de xestión.

O futuro do sisón en Galicia pende dun fío

Lamentablemente as novas para a biodiversidade galega son moi malas. O “II Censo nacional (2016) del Sisón Común en España” ven de confirmar a súa extinción como especie reprodutora:

  • En 3 das 4 provincias galegas.
  • En 11 das 12 cuadrículas UTM de 10×10 km de distribución potencial.
  • Na ZEPA da Limia, declarada para protexer ao sisón entre outras especies por sentenza do Tribunal de Xustiza da UE.

A algúns cargos actuais e pasados na Consellería de Medio Ambiente debería caérselles a cara de vergoña! Van deixar que o sisón se extinga en Galicia? E as outras especies ameazadas?