En 2012 localizouse unha avéspora en Galicia que resultou ser Urocerus albicornis, un sirícido catalogado de especie exótica invasora (EEI).
Nestes dez anos foi localizado en varios lugares da xeografía galega e o fungo Amylostereum chailletii (Pers.) Boidin foi aislado dos mesmos troncos dos que emerxeron algúns dos exemplares detectados.
Este fungo é simbiótico coa avespora: o fungo é dispersado e inoculado polo insecto en novas árbores no momento da oviposición. O fungo podrece e seca a madeira proporcionando un ambiente adecuado e nutrientes que son importantes para a supervivencia das larvas do insecto.
Información máis extensa, mapa e detalles das citas as podes ler na seguinte nota da revista BRAÑA (pdf)