Vespa velutina, un inimigo a combater

Vespa velutina atrapando unha Apis mellifera

O pasado 3/04/19 o Consello da Cultura Galega e Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia organizaron a xornada de valoración sobre esta especie (A Vespa velutina en Galicia: estado da cuestión e avances científicos), na que interviron especialistas da materia e apicultores.

A SGHN, a partir da información propia (publicacións, escritos) e a obtida nestas xornadas, presentou dous escritos á Consellería do Medio Rural e Consellería de Medio Ambiente, solicitando unha serie de informacións e solicitando actuacións concretas.

Recentemente SGHN manifestou a súa opinión sobre este problema na revista Xardín Galego- Agaexar que basicamente resúmese en que aínda que sexa complicada loita contra este insecto, hai que facer todo o posible para conter a súa proliferación.