XARDÍN DO POSÍO, VIDA E CULTURA

Con motivo da celebración do Día da árbore, e baixo o lema do título: “Xardín do Posío, vida e cultura”,  o grupo de Arborado Urbano da SGHN de Ourense organizou unha visita guiada por un dos máis emblemáticos espacios ourensáns, O Xardín do Posío.

Da man dun botánico de luxo, o noso consocio Vicente Rodríguez Gracia, gran coñecedor da historia da cidade e autor de libros como “Flora Ornamental Auriese”  ou “El Parque de San Lázaro”,  puidemos disfrutar dun fermoso paseo polo pasado e o presente deste parque, que forma parte fundamental da xeografía física e emocional da cidade.

A xornada comezou no horario previsto, as 11:30 horas, cunha reseña histórica sobre a orixe do Xardín e a súa evolución ó longo dos séculos  sementada de anécdotas, datos curiosos e personaxes que formaron parte da súa historia a través do tempo.

Para comezar, unha reseña histórica do xardín.

Para comezar, unha reseña histórica do xardín.

Nin a choiva nos arredou.

Nin a choiva nos arredou.

Ó longo de dúas horas e nun paseo circular polo Xardín, Vicente foinos descubrindo as principáis especies de árbores e prantas que habitan este espacio que chegou a ter máis de 100 especies de árbores e arbustos no que antano fora xardín botánico da cidade. Ligado nun primeiro momento ó antigo Instituto de Segunda Enseñanza de Ourense, recibiu prantas traídas dende as máis diversas procedencias, e que chegaron a él tanto da man de botánicos, como polos propios ourensáns nas súas viaxes polo mundo.

Como fitos destacados dentro da visita puidemos descubrir no paseo central varios exemplares de Árbore botella (Brachychiton populneus), árbore da familia do cacao orixinaria de Australia, e da que se contan moi poucos exemplares en Galicia, ou mesmo dunha Metasequoia glyptostroboides procedente de China, única especie viva do xénero das Metasequoias da que se coñecen outras tres especies fósiles; tamén é de destacar na zona denominada “O Bosque” a presenza de exemplares de arredor de 200 anos.

Os máis de 50 asistentes puidemos disfrutar dunha fermosísima charla na que o noso guía mezclou con grande sabiduría coñecementos botánicos, anécdotas e tradicións en torno  ás plantas e monumentos que se poden ver neste xardín ourensán. Nin tan siquera a choiva, que caeu forte no medio do percorrido, fixo perder o interese que soupo despertar en todos os participantes.

Para rematar a xornada depregouse unha pancarta na que se podía ler o lema da xornada : “Xardín do Posío, vida e cultura” coa que o Grupo de Arborado Urbano de Ourense pretende reivindicar a importancia da conservación de este espacio e o respeto polas especies que o habítan, e que se están vendo ameazadas pola falla de coidados e as podas indiscriminadas.

De novo unha magnífica saída de coñecemento e disfrute grazas a todos os participantes, e por suposto ao noso guía. E seguirá en vindeiras datas … Agardámosvos na seguinte !