Espazo profundo: Nebulosa de California Efemérides astronómicas de abril

Na constelación de Perseo, atópase a Nebulosa de California, recibe este nome dada a súa peculiar forma que recorda bastante o contorno do estado de Norteamérica de dito nome. Trátase dunha típica nebulosa de emisión.

A Nebulosa de California tamén coñecida como NGC 1499 e Sharpless 220, foi descuberta polo astrónomo estadounidense Edward Barnard no ano 1885. Atópase a uns 1500 anos luz de nós, no mesmo brazo de Orión da Vía Láctea que contén o noso Sistema Solar.  A nebulosa ten un tamaño de ao redor de 100 anos luz.

Aínda que a maioría destas nebulosas están iluminadas por estrelas que se formaron no seu interior, o brillo de NGC 1499 débese á intensa radiación que emite a estrela Menkib (Xi Persei),  unha monstruosa xigante azul, que ten o tamaño de 15 soles e o seu brillo é 13.500 veces o do Sol, é a máis brillante que se pode ver na imaxe.  Menkib non se orixinou no interior da nebulosa,  máis ben crese que é unha estrela que foi expulsada dalgún outro grupo estelar, e que colisionou con NGC 1499.  Estes tipos de estrelas coñécense como “estrelas fuxitivas”.

A cor vermella que mostra a nebulosa é debido ao Hidrógeno alfa. Esta luz avermellada provén de átomos de hidróxeno que se recombinan con electróns á deriva, ionizados debido á enerxía da luz procedente de estrelas muy enerxéticas.

A nebulosa de California ten unha lonxitude de aproximadamente 4 grados por 1 grado de arco (ao redor de 8 lúas cheas por 2 lúas cheas), pero o seu brillo superficial é escaso, a súa magnitude aparente é 6. Por este motivo, a mellor forma de poder apreciala en todo o seu esplendor é a través de fotografías de longa exposición, como esta obtida polos nosos compañeiros da SGHN e de Fotografía Ferrolterra. A primeira ollada só se pode observar en noites que sexan moi escuras, xa que  ten un baixo brillo superficial que fai que sexa difícil de detectar visualmente. Usar un filtro H-Beta  será de moita utilidade.

  • Día 1: Marte e M22 moi próximos. Interesante vista no telescopio.
  • Día 2: Marte e Saturno moi próximos.
  • Día 3: Xúpiter e a Lúa moi proximos.
  • Día 6: En 1973 foi lanzada a nave Pioneer 11, viaxa a 11,3 quilómetros por segundo, atópase actualmente a 14.649.800.000 quilómetros, na constelación de Escudo.
  • Día 7: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 8: Ás 07:19 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 10: Ás 09:35 h Lúa Nova. Magnifica conxunción de Marte Venus e a Lúa.
  • Día 12: Aniversario da saída do primeiro ser humano ao espazo, o ruso Yuri Gagarin (1961). Choiva de meteoros Virxínidas, actividade desde o 7 ao 18, cun máximo o 12 de abril de 5 por hora.
  • Día 14: Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Ás 01:58 h Lúa Nova.
  • Día 18: Ás 12:31 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 22: Choiva de meteoros Líridas, actividade desde o 19 ao 25, cun máximo o 23 de abril de 10 por hora. Ás 21:47 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 25: Aniversario do lanzamento do telescopio espacial Hubble 1990.
  • Día 28: Choiva de meteoros Alpha-Escorpiónidas, actividade desde o 20 de abril ao 19 de maio, cun máximo o 28 de abril de 5 por hora.
  • Día 30: Ás 01:00 h Lúa Chéa. Xúpiter e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Piscis con magnitude 1,36, practicamente imposible de ver.
  • Venus entre Aries con magnitude -3,6. Visible unha hora despois do solpor.
  • Marte en Saxitario con magnitude 0,14, visible tres horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Libra magnitude -2, visible desde media noite.
  • Saturno en Saxitario con magnitude 0,63. visible tres horas antes do amencer.
  • Urano en Piscis, cunha magnitude de 6,24, imposible de ver pola súa proximidade ao Sol.

Cometas

  • Tan só C/2016 R2 (PanSTARRS) con magnitude 10 na constelación de Auriga, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.

  • Divulga ti tamén!