A serpe de esculapio (Zamenis longissimus) é unha cobra presente no noreste da península ibérica, con algunhas poboacións illadas hacia o oeste da península.
Recentemente observouse e fotografiouse esta especie na provincia de Ourense.
A observación informada nesta nota amplía a distribución da especie case 100 km cara o Oeste, representando a primeira cita da especie en Galicia.
Esta cita amplía o número de réptiles autóctonos presentes en Galicia, feito que non se producía dende hai moitas décadas, a excepción da descripción de Iberolacerta galani, que foi o desdobramento doutra especie.
Podes descargar a nota completa na revista BRAÑA.