Unha das mais importantes colonias de cría en Vigo de cirrio común (Apus apus) se atopa nos ocos existentes no muro de pedra baixo o voadizo do paseo de Alfonso sobre a rúa Poboadores. O seguemento científico da poboación indica que existen 20-30 parellas reprodutoras segundo os datos de SGHN, parellas que crían anualmente entre abril e agosto ocupando os ocos entre as pedras do muro ao longo de 50 m no seu treito mais elevado.
O cirrio común (Apus apus) está catalogado coma Vulnerable no “Libro Rojo de las Aves
de España 2021” e está incluido no “Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial (Real Decreto 139/2011)”. Sendo polo tanto unha especie de ave protexida pola lei.
Os niños de andoriña, avións comúns e cirrios están protexidos tamén pola lei e a súa destrucción penada. O nivel de protección garántese tanto pola lexislación europea, concretamente a Directiva Europea de Aves (Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo) e pola lexislación nacional pola Listaxe de Especies Silvestres en
Réxime de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas (Real Decreto 139/2011) e pola Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e da biodiversidade, na que se protexen as crías, os ovos e mediante a cal se prohibe expresamente “a destrución ou deterioración dos seus niños”, de maneira que as multas poden variar de 5.001 a 200.000 €.
Recentemente se colocou un valado en parte da rúa Poboadores prohibindo o aparcamento por cuestións de seguridade e as novas nos medios de comunicación apuntan á realización máis ou menos inmediata de obras no miradoiro. Por ise motivo, ao abeiro da lexislación que garante o dereito de acceso á información sobre o medio ambiente, SGHN solicitou ao Concello de Vigo e á Consellería de Medio Ambiente:
- Información sobre as obras están previstas no muro de pedra.
- Que calquera actuación no miradoiro do Paseo de Alfonso que implique intervir na parte inferior do voadizo e/ou no muro de pedra inferior se pospoña ata mediados de agosto, cando os cirrios xa terán abandonada a colonia de cría.
- Que non se tapen os ocos existentes entre as pedras do muro baixo o miradoiro do Paseo de Alfonso (máis…).