Accidente fatal na praia das Catedrais: crónica dun risco anunciado

Con data 10-10-2014 (Entrada 22436 / RX 1170562), en escrito dirixido á entón Directora Xeral de Conservación da Natureza (hoxe Directora Xeral de Patrimonio Natural), SGHN presentou as súas alegacións ao documento preliminar do“Plan de Conservación do Monumento Natural da praia de As Catedrais”. De seguido extráctanse dous parágrafos do documento, que está accesible dende entón na web de SGHN (PDF).

SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DO MONUMENTO NATURAL

  • “Como consecuencia da dinámica climática global e dos propios procesos evolutivos dos materiais xeolóxicos, detectáronse nos últimos anos caídas de pedras provenientes dos arcos e columnas pétreas, a estabilidade das cales podería estar comprometida.”

SOBRE O PLAN DE CONSERVACIÓN DO MONUMENTO NATURAL4. Calidade e rigor do documento

  • “Xea: malia que probablemente o elemento ambiental máis singular de As Catedrais sexan os seus compoñentes xeolóxicos e xeomorfolóxicos, o Plan carece dunha mínima diagnose sobre os mesmos. A singularidade destes elementos, e a súa preservación a curto ou medio prazo debe pasar por unha análise sobre a estabilidade dos distintos elementos, identificando os problemas que inciden sobre eles, os posibles riscos, os posibles efectos que poderían repercutir no uso público do espazo, e as medidas concretas para asegurar a súa preservación e estabilidade.

Como en tantas ocasións anteriores, as suxerencias e alegacións de SGHN foron completamente ignoradas. Nunca saberemos si, de habelas tido en conta, se houbera podido evitar o accidente que agora lamentamos.