Ascalaphidae de Galicia

Puer maculatus

Un novo artigo na revista BRAÑA releva a presenza dunha nova especie para Galicia, Puer maculatus, ampliando notablemente a súa presenza ibérica coñecida. No mesmo artigo dase a coñecer a distribución coñecida de outras catro especies da familia Ascalaphidae, neurópteros emparentados coas formigas león.

Puer maculatus foi localizado no Parque Natural de Enciña da Lastra (Ourense) un dos hot spots de biodiversidade de Galicia e agora baixo a lousa do paso dunha nova autoestrada.

Outras dúas especies son novidades provinciais: Libelloides hispanicus para a provincia de Pontevedra e Libelloides coccajus para a provincia de Ourense.