Autovía A-57 qué pensan os partidos deste despropósito?

A SGHN ven de enviar ós cinco partidos/coalicións con representación no Parlamento galego cadansúa carta (PDF) solicitando o seu posiciomento sobre a nova autovía A-57 que se quere construír na provincia de Pontevedra. A día de hoxe SGHN só recibiu contestación dun deles e en breve penduraremos desta web os PDF das respostas que recibamos.

SGHN considera que un gasto de partida de 430 millóns de euros carece de senso cando se está a deixar de investir en investigación, sanidade e educación. Un proxecto irreflexivo cando existen servizos de comunicación alternativos en funcionamento e mellorables.

¿Cal é a alternativa da SGHN?

Investir este importe económico na mellora do trazado (seguridade) da actual N-550 e xunto cos cartos da ampliación da AP-9 e subvencións de tramos da AP-9 (p. ex. do Morrazo a Vigo), revertir completamente a AP-9 á rede de estradas do estado, liberadas de peaxes e sen financións a empresas privadas. Na imaxe en raiado verde a alternativa proposta e en azul algúns dos proxectos de novas autovías.