Lamentable e novamente a SGHN tivo que recurrir ó Valedor do Pobo (PDF_1, PDF_2) para que a administración dea contestación ós escritos presentados. Nesta ocasión trátase de sendos escritos presentados o 07-02-2014 diante da Consellería de Medio Ambiente (PDF) e o Concello de Caldas (PDF) por mor da intención do concello de Caldas de Reis (Pontevedra) de eliminar a presenza do legalmente protexido Cerambyx cerdo dunha carballeira sita nesta vila.
Os primeiros escritos seguén sen contestación a pesares do ofrecemento de colaboración da SGHN.