Compost de puríns para solos queimados?

Compost de puríns e metais pesados

Segundo nova de prensa publicada en La Voz de Galicia, os promotores dunha “planta experimental de compostaxe para valorizar puríns” en Silleda conclúen que “os puríns teñen tantos metais pesados que o compost que xeneran ten limitado o seu uso na agricultura, pero non en terreos degradados, como os montes queimados. Ahí poden contribuir á regeneración do solo”. Engaden a continuación que “o problema deste compost é que os puríns tiñan unha elevada concentración de metais pesados, como o zinc, e estes non se evaporan co proceso de compostaxe”.

Metais pesados e solos queimados

Os traballos de investigación dispoñibles, para Galicia e outras partes do mundo, indican que o lume incrementa a dispoñibilidade de manganeso, zinc e cobre nos solos queimados (García-Marco e González-Prieto 2008; Close et al. 2011; Stankov Jovanovic et al. 2011), así como nas cinzas e os sedimentos que se erosionan deles (Gómez-Rey et al., 2014; Fernández-Fernández et al., 2016). Estes efectos do lume persisten alomenos un ano no caso do manganeso e o zinc, malia tratarse dunha zona con precipitacións moi elevadas (Gómez-Rey et al., 2014).

Evolución temporal dos niveis de manganeso, zinc e cobre solubles nos sedimentos erosionados nunhas parcelas queimadas na Estrada, e comparación coas cinzas e os solos queimado e sen queimar (Gómez-Rey et al., 2014)

Comparados cos niveis de refencia establecidos para solos de Galicia (Macías Vázquez e Calvo de Anta, 2009), durante este periodo as concentracións en cinzas e sedimentos poden ser ata tres veces maiores para o manganeso, cinco veces para o zinc e, puntualmente, máis de cincuenta veces maiores para o cobre (Gómez-Rey et al., 2014). Os metais pesados nas cinzas e sedimentos de solos queimados exceden asimesmo os niveis de referencia para solos en Australia (DEC, 2010) e os EEUU (EPA, 2005), así como o límite para solos nos que se aplican lodos de depuradora na Unión Europea (CEC, 1986).

Á vista de todas as evidencias científicas, SGHN ven de solicitar ás consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural que non autoricen a aplicación dos compost de puríns en solos queimados sen unha analítica previa dos solos por laboratorio acreditado que indique que xa non hai risco de contaminación por metais pesados.

Bibliografía citada

  • CEC, 1986. Council Directive 12 June 1986 on the protection of the environment, and in particular the soil when sewage sludge is used in agriculture. Commission of the European Communities. Official Journal of the European Communities, Brussels, p. 6.
  • Close, D.C., Davidson, N.J., Swanborough, P.W., Corkrey, R., 2011. Does low-intensity surface fire increase water- and nutrient-availability to overstorey Eucalyptus gomphocephala? Plant and Soil 349, 203-214.
  • DEC, 2010. Assessment Levels for Soil, Sediment and Water. Version 4, revision 1. Department of Environment and Conservation, Perth, Australia.
  • EPA, 2007. Ecological soil screening levels for zinc. U.S. Environmental Protection Agency Office of Solid Waste and Emergency Response, Washington, DC.
  • Fernández-Fernández, M., Vieites-Blanco, C., Gómez-Rey, M.X., González-Prieto, S.J., 2016. Straw mulching is not always a useful post-fire stabilization technique for reducing soil erosion. Geoderma 284, 122-131.
  • García-Marco, S., González-Prieto, S., 2008. Short- and medium-term effects of fire and fire-fighting chemicals on soil micronutrient availability. Science of the Total Environment 407, 297-303.
  • Gómez-Rey, M.X., García-Marco, S., Fernández, C., Couto-Vázquez, A., González-Prieto, S.J., 2014. Effectiveness of post-fire soil stabilization techniques for reducing trace element losses by erosion. International Journal of Wildland Fire 23, 93-103.
  • Macías Vázquez, F., Calvo de Anta, R., 2009. Niveles genéricos de referencia de metales pesados y otros elementos traza en suelos de Galicia. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
  • Stankov-Jovanovic, V.P., Ilic, M.D., Markovic, M.S., Mitic, V.D., Mandic, S.D.N., Stojanovic, G.S., 2011. Wild fire impact on copper, zinc, lead and cadmium distribution in soil and relation with abundance in selected plants of Lamiaceae family from Vidlic Mountain (Serbia). Chemosphere 84, 1584-1591.