Catalogación da camariña como especie vulnerable

A catalogación da camariña (Corema album) ven de ser solicitada pola SGHN que, logo de compilar a información científico-técnica dispoñible, constatou que cumpriría nove dos criterios (A1, A2, B1, B2a, B2b, B2c, B2d, D e F) e probablemente os criterios C1 e C2 para a súa inclusión na Categoría de Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Criterios A1 e A2: declive da poboación

Dende hai un cuarto de século os botánicos levan advertindo do declive das súas poboacións tanto en Galicia como no resto da súa área de distribución, así como sobre a necesidade de investigar novas metodoloxías de propagación para garantir a súa conservación.

  • Sóñora (1994): “Desaparición ou declive en lugares citada antano como abondosa” como Covas, Caramiña e Costas de Fisterra. “Hoxe é unha especie en regresión no noso país, que debemos protexer xa que está relegada a unha ou dúas poboacións de certa entidade e outras poucas moi pequenas”.
  • Clavijo et al. (2003): “Esta especie cresce em solos dunares que estao muito ameaçados em diversos pontos da súa área de distribuição, devido à crescente pressao urbanística das zonas litorais e as reflorestaçoes intensas com pinheiros, acácias, retamas e outras especies exóticas. Com a finalidade de poder estabelecer no futuro planos de conservação e regeneração desta especie, é preciso conhecer a sua biologia reprodutiva e a capacidade de regeneração natural.” “E importante investir em novas metodologias de germinação, para obtenção de plantas em viveiros, que possam ser usadas em programas de repovoamento desta especie com vista à sua conservação nos ecossistemas litorais.”
  • Fagundez (2006): “Otras citas de interés del trabajo de Alonso López son algunas especies en regresión en la zona, como Corema album, cuyas poblaciones de Ferrol están próximas a extinguirse.”
  • Ferreira-Rodríguez (2012): “O grande número de topónimos que fan referencia a esta planta, Camariñas e Proba do Caramiñal, en Galicia; Pinhal do Camarido, en Caminha (Portugal), ou Punta Camarina, en Cádiz, indican que esta especie foi moi abundante no pasado”. “…dende os anos 80 a poboación de Camariña na Mata Nacional do Camarido experimentou un rápido declive pola proliferación de especies exóticas”. Entre 2007 e 2014 a poboación diminuiu de 96 a 14 exemplares. “A ausencia de exemplares de pequeno porte pon en evidencia a falla de reclutamento de novos individuos que aseguren a supervivencia da especie no Norte portugués.”
  • Gil-López M. J. (2018): “Xa sexa de forma directa por construcións de infraestruturas, como indireta, como por exemplo pola destrución de areais como fonte de area. Ambas vías levan á alteración e perda do hábitat, e en consecuencia, a desaparición da camariña ao longo da costa Atlántica da Península”.
Camariña (Corema album) no seu hábitat característico

Criterios B1, B2a, B2b, B2c e B2d:  diminución ou  fragmentación da área de ocupación

A camariña presenta unha área de presenza fragmentada ou en proceso de fragmentación, así como un descenso continuo da súa: a) Área de presenza, b) Área de ocupación. c) Superficie e/ou calidade do hábitat. d) Número de localidades:

  • Sóñora (1994): “Desaparición ou declive en lugares citada antano como abondosa” como Covas, Caramiña e Costas de Fisterra.
  • Parra et al. (2000): “a progresiva desaparición no litoral é xeneralizada por iso, esta especie xa foi catalogada como vulnerable en Andalucía”.
  • Clavijo et al. (2002): “as populacões da Galiza, da foz do Minho, do Algarve, ou as de Bolonia na provincia de Cadiz … fragmentadas, reduzidas a ilhas de areia sem regeneração natural, estão formadas, na sua maioría, por individuos velhos, e a sua sobrevivência no futuro depende de medidas de proteção e regeneração de habitats.
  • Clavijo et al. (2003): “Muitas populaçoes estão fragmentadas e as vezes reduzidas a poucos individuos velhos de grandes dimensoes.
  • Gil-López M. J. (2011): “A especie Corema album atópase no litoral oeste da Península Ibérica, dende Camariñas (A Coruña) ata hasta Punta Camarinal (Cádiz), onde sufriu un considerable retroceso, como outros moitos taxóns de distribución costeira.”
  • Oliveira e Dale (2012):A especie distribúese pola costa atlántica da península ibérica, con importantes poboacións nos tres grandes sistemas dunares (Asperillo no PN Doñana, entre Sines e Troia no SO de Portugal, e de Nazaré a Ovar no centro-norte de Portugal) e poboacións disxuntas en cantís e dunas areosas illadas no resto do seu rango.”
  • Alvarez-Cansino et al. (2017): Subliñan a tendencia á retracción da área de distribución e fragmentación das poboacións: “Moreover, the habitat of C. album is dwindling with its populations being fragmented. Sand dune ecosystems along the distribution area of the species are largely affected by the expansion of tourist resorts and other anthropogenic-origin disturbance, such as large-scale plantations of pine trees and Retama monosperma, and the invasive shrub Acacia longifolia. C. album has consequently been classified as a vulnerable species because of habitat loss and is included in the regional Red List of threatened vascular plants in Andalusia, Spain”.
  • Gil-López M. J. (2018): “Outra das principais razóns da recesión da camariña foron as plantacións de especies arbóreas nas zonas costeiras.
Mata de camariña (Corema album) en froito

Criterios C1 e C2: tamaño da poboación

Segundo os censos realizados por Pablo Guitián Rivera, Antón Bouza Sierra e Belén López Retorta, na segunda metade dos anos 90 os efectivos de Corema album eran duns 7.000 individuos repartidos en 9 localidades, pero con máis do 93% da poboación concentrada en só dúas delas, a praia de Trece e as Illas Cíes (Pablo Guitián Rivera, com. pers.). Carécese de datos actuais do tamaño poboacional da especie en Galicia pero, se ben non aportan datos cuantitativos que permitan asegurar con total certidume o seu cumprimento, cabe deducir o cumprimento dos criterios C1 e C2 á vista dos declives poboacionais e de retracción da área de distribución sinalados por todos os autores que trataron o estado de conservación da especie (Sóñora, 1994; Clavijo et al., 2002, 2003; Fagúndez, 2006; Brás de Oliveira e Dale, 2012; Ferreira-Rodríguez, 2012; Alvarez-Cansino et al., 2017).

Detalle das gaias e o froito da camariña (Corema album)

Criterio D: Características do taxón

A rexeneración natural de C. album depende completamente de vectores animais que actúan como elementos facilitadores permitindo a quebra da latencia e perto dun 80% das plántulas morre aínda na fase de cotiledóns e só un 1-2% das plántulas pode chegar ao ano seguinte (Clavijo et al., 2003; Álvarez-Cansino et al., 2017). Os resultados suxiren un nivel de frutificación máis elevada nos núcleos de poboación con densidades de poboación máis elevadas (Guitián et al., 1997) e indican que a rexeneración natural é moi lenta tanto no borde norte como no sur da súa distribución (Álvarez-Cansino et al., 2017) .

Tendo en conta a vulnerabilidade da especie ao incremento da aridez polo cambio climático no limite meridional da súa área de distribución (Álvarez-Cansino et al., 2013), pois o incremento do estrés fisiolóxico coa aridez podería levar a una retracción potencial e unha variación na estrutura das poboacións se o cambio climático afecta de diferente xeito aos dous sexos (Álvarez-Cansino et al., 2012), as poboacións galegas que constitúen o límite setentrional de distribución da especie poderían resultar cruciais para a súa conservación a medio-longo prazo.

  • Guitián et al. (1997): “… our results suggest that fruit set is higher in population nuclei with high population densities”.
  • Clavijo et al. (2003): “… a regeneração natural de C. album está completamente dependente de vectores animais que actuam como elementos facilitadores, permitindo a quebra de dormência”. “…cerca de 80% morre ainda na fase de cotilédones e só um 1-2% das plântulas pode chegar ao ano seguinte”.
  • Álvarez-Cansino et al. (2012):The increase in physiological stress with aridity could lead to the potential retreat and variation in structure in these populations if genders are affected differently by the predicted climate change”.
  • Álvarez-Cansino et al. (2013): “The results show the vulnerability of this endemic species to the increase in aridity expected in the southernmost limit of the biogeographical area due to global climate change”.
  • Álvarez-Cansino et al. (2017): C. album seedling mortality rate in natural conditions is high, reaching 99% during the summer season”. “… regeneration under natural conditions is really low, both in the northern and southern limits of its biogeographical distribution area”. “Our results reinforce the notion that C. album is an obliged endozoocorous species and unspecialized vertebrate dispersers such as rabbits and foxes play a key role in C. album regeneration”.
A rexeneración natural da camariña é moi lenta pois tan só o 1-2% das plántulas sobreviven ao primeiro ano.

Criterio F. Criterio de expertos

Á vista de todas as publicacións científicas antes citadas, pode asegurarse que existe unanimidade entre os expertos na bioloxía da especie acerca da vulnerabilidade das súas poboacións, especialmente nos extremos da súa distribución e, polo tanto, en Galicia que é o límite setentrional da especie. Corema album xa está catalogada na categoría de Vulnerable no libro vermello da flora silvestre ameazada de Andalucía (Blanca et al. 2003).

Bibliografía citada

  • Álvarez-Cansino, L., Díaz Barradas, M.C., Zunzunegui, M., Paz Esquivias, M., Dawson, T.E. (2012). Gender-specific variation in physiology in the dioecious shrub Corema album throughout its distributional range. Functional Plant Biology 39, 968-978.
  • Alvarez-Cansino, L., Zunzunegui, M., Diaz Barradas, M.C., Correia, O., Paz Esquivias, M. (2013). Effects of temperature and rainfall variation on population structure and sexual dimorphism across the geographical range of a dioecious species. Population Ecology 55, 135-146.
  • Álvarez-Cansino, L., Zunzunegui, M., Díaz Barradas, M.C. (2017). Germination and clonal propagation of the endemic shrub Corema album, a Vulnerable species with conservation needs and commercial interest. Natural Product Communications 12, 267-272.
  • Blanca, G., Cabezudo, B., Hernández-Bermejo, J.E., Herrera, C.M., Muñoz, J., Valdés, B. (2003). Libro rojo de la flora silvestre amenazada de Andalucía. (Junta de Andalucía: España).
  • Clavijo, A., Barradas, M.C.D., Ain-Lhout, F., Zunzunegui, M., Correia, O. (2002). A fragmentação como causa principal da redução do habitat de Corema album na súa área de distribuição. Revista de Biologia (Lisboa) 20, 109-120.
  • Clavijo, A., Díaz Barradas, M.C., Zunzunegui, M., Ain-Lhout, F., Álvarez Cansino, L., Correia, O., Garcia Novo, F. (2003). A conservação de Corema album no litoral atlântico da Península Ibérica; a influência de dispersores animais na regeneração natural. Revista Biologia (Lisboa) 21:43-56.
  • Fagúndez, J. (2006). El trabajo botánico de D. José Alonso López (Ferrol 1763-1824). Comparación con la flora vascular actual del término municipal de Ferrol (A Coruña). Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural (Sec. Biol.) 101: 5-12.
  • Ferreira-Rodríguez, N. (2012). A camariña na Mata Nacional do Camarido. ANABAM. 40 páxs.
  • Gil-López M. J. (2011). Etnobotánica de la Camarina (Corema album, Empetraceae) en Cádiz. Acta Botanica Malacitana 36: 137-144.
  • Gil-López M. J. (2018). La camarina Corema album. Una planta que cae en el olvido. El Corzo. Sociedad Gaditana de Historia Natural. Vol.VI Año 2018
  • Guitián, P., Medrano, M., Rodríguez, M. (1997). Reproductive biology of Corema album (L.) D. Don (Empetraceae) in the northwest Iberian Peninsula. Acta Botanica Gallica 144, 119-128.
  • Oliveira, P.B., Dale, A. (2012). Corema album (L.) D.Don, the white crowberry – a new crop. Journal of Berry Research. 2: 123-133.
  • Parra, R., Valdés, B., Ocaña, M.E. (2000). Corema album (L) D. Don. Libro Rojo de la Flora Silvestre Amenazada de Andalucía. Tomo II: Especies Vulnerables: 100-102.
  • Sóñora, F.X. (1984). A camariña (Corema album) en Galicia. BRAÑA, Revista da Sociedade Galega de Historia Natural 1(V), 13-25.