Podas e talas brutais en A Derrasa

Á vista das podas e talas brutais nas marxes da estrada OU-536 ao seu paso pola Derrasa, SGHN-Delegación Ourense vense de dirixir ao Xefe do Departamento Territorial en Ourense da Axencia Galega de Infraestruturas (Poda tala A Derrasa), solicitándolle a seguinte información: Copia íntegra do proxecto das actuacións. Custe dos…

Ler máis

IV XORNADA MICOLÓXICA EN SADA

Como tódolos anos, o vindeiro 3 de novembro organizamos a xornada de identificación e degustación de cogomelos. Logo de regresar de recoller cogomelos cos expertos procederemos á súa clasificación nun espazo que nos deixarán na carpa en Sada no lugar no que a Asociación Queiroa fará o magosto e o…

Ler máis

Sanción ao Concello de Ourense por vertido de augas fecais

A raíz dunha denuncia realizada pola SGHN-Delegación Ourense, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de impoñer unha sanción de 3.622,08 € polo “vertido de augas residuais o día 10-06-2011, procedentes do alivio en tempo seco do saneamento municipal, sen a preceptiva autorización deste Organismo de bacía” no río Loña. Do…

Ler máis

AAI de Forestal del Atlántico para fabricación de formol, colas e resinas e xestión de Marpol

Como xa fixera con data 03-04-2008, o 03-10-2012 a SGHN_Delegación de Ferrol presentou alegacións á “información publica da solicitude de renovación da Autorización Ambiental Integrada (en adiante AAI) presentada por Forestal del Atlántico, S.A. para a instalación de fabricación de formol, colas e resinas; xestión de residuos Marpol, localizados no…

Ler máis

  • Divulga ti tamén!