Uso de herbicidas na rede viaria ourensana

Existe unha grande preocupación de socios e simpatizantes da SGHN diante da extensión do uso de fitosanitarios de acción herbicida en espacios públicos, en especial en diversas zonas da rede viaria da provincia de Ourense.

Aplicación de herbicidas á beira dunha corrente de auga.

O RD 7371/2012 en materia de utilización de fitosanitarios establece disposicións específicas para os ámbitos distintos da producción primaria agraria profesional, especlficamente redes de servicio e zonas industriais, incluíndo o desenvolvemento de estratexias para o uso sostible dos praguicidas mediante a reducción do risco e os seus efectos sobre a saúde humana e o medio ambiente.
Apréciase un significativo desaxuste entre a filosofía e condicións recollidas na lexislación vixente e as condicións reais de emprego con aplicación indiscriminada destes produtos perigosos pola Deputación de Ourense. Sendo tamén notoria a aparente contradicción destas actuacións coas novas de prensa referidas a promoción dunha campaña de boas prácticas medioambientais para a difusión de iniciativas que melloren o medioambiente.

Por esas razóns SGHN ven de solicitar á Deputación información sobre a utilización destes produtos (PDF), así como que os desestime definitivamente.