O Museo de Historia Natural en Nómadas

O sábado 22 o prestixioso espazo Nómadas de Radio Nacional de España dedicou un dos seus capítulos á cidade de Ferrol, incluindo nel ao museo de Historia Natural da SGHN polo que o delegado de Ferrol, Xan Rodríguez Silvar, fixo unha visita e relato das orixes e contido da entidade.…

Ler máis

Canto nos custa o seu chumbo?

Excepción incomprensible Debido á súa alta toxicidade e impactos sanitarios e ambientais, a meirande parte das liberacións de chumbo ao medio están estritamente reguladas en Europa, con controis sobre os niveis de chumbo no aire, as augas (superficiais, subterráneas e de abastecemento), os solos, a deposición de baterías, os vertedoiros…

Ler máis

Saída guiada á costa de Dexo

A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza unha saída guiada ao Monumento Natural Costa de Dexo en Oleiros (A Coruña). Principalmente estaremos visitando a zona onde aniñan os corvos mariños cristados (a maior colonia de cría, sen contar as illas, na península) pero sen molestar…

Ler máis

Visitas guiadas ao Museo de Historia Natural

O Museo de Historia Natural de SGHN en Ferrol ofrece visitas guiadas gratuítas esta Semana Santa Serán o martes 4 e o mércores 5, dúas pola mañá e dúas pola tarde, e terán unha duración de 1 h: Estas visitas guiadas son gratuítas, ao estar patrocinadas pola Concellería de Medio…

Ler máis