Cuarta xornada de OUTONOS NATURALISTAS

Cuarta xornada de OUTONOS NATURALISTAS co patrocinio da Deputación da Coruña e a impartición por parte da SGHN.
Este domingo tocou dar a coñecer algúns lugares de Covas, como as Minas de Covarradeiras, o lavadoiro de metais da praia de Ponzos e a Punta de Santa Comba.
Boa xornada, na que a meteoroloxía nos acompañou permitindo descubrir e gozar.

No lugar de Covarradeiras (Covas, Ferrol), aínda queda hoxea pegada que deixou a minaría dende tempos antigos. Este tipo de explotacións, dende a etapa prerromana polo sistema de ruina montium ata principios do século XX mediante galerías, deron lugar co tempo a diversas configuracións da paisaxe que hoxe podemos observar en forma de distintos restos de xacementos e mesmo construcións.
Na actualidade e a pesar de atoparse a uns escasos centos de metros da praia de Ponzos, o propio enclave de Covarradeiras presenta unha formación boscosa con especies afíns ao bosque atlántico húmido.
Neste percorrido, coñecimos a xeoloxía dos minerais mena de ouro no contacto entre os xistos da chaira e o ortoneis do monte, así como os aproveitamentos dos diferentes elementos polas xentes do lugar.