Mañá de choivas e claros polo Baixo Miño, acompañados por Pardales, Ferreiriño azul e real, Chasca común, Carriza dos xuncos, Pimpín, Picafollas, Merla, Bubela. Tamén Lavancos, Cercetas, Biluricos, Cullereiro, Garza real, Garza albar, Mazarico chiador, Píllara real … Águia peixeira e máis.
Autora: Soco Álvarez Balvís
Aínda coa nevarada da primeira hora tocou seguemento dos predios alugados ao Bantegal na Limia. Nalgúns dos predios búscase a recuperación de pasteiros mediante acordos de custodia con gandeiros en extensivo. Podedes apoiar este proxecto “Apadriñ@ndo unha parcela” desde 30 EUR ó ano.
Autor: Sección Antela
Visita pola Limia (Ourense), día frío con choiva forte e claros. Avistadas 55 especies de aves na que destacan todas as Hirundinidae estivais excepto Delichon urbicum e un grupazo de 70+ Petronia petronia. Para mostra un Anas acuta na veiga de Gomareite.
Autor: Marcos Manuel Freán Hernández
Seguemento dos asolagamentos da Veiga de Gomareite (Vilar de Barrio-Ourense): Herba piolleira (Pedicularis sylvatica), especie hemiparásita típica de brañas, herbazais e queirugais de toda Galicia.
Autor: Isabel Álvarez Balvís
Dia de paseo pola costa da Garda, ás veces con temporal outras abrindo o sol que nos deixa ver estas maravillosas Romuleas preto das salinas de Seixal e ó longo da beiramar dando un toque de cor e ledicia á paisaxe. Viva a Natureza!
Autor: Asun Casado Vivas