Espazo profundo: Nebulosa Trífida

Nunha noite escura e con pouca contaminación lumínica, si miramos a uns cinco graos á dereita da estrela Kaus Borealis, na costelación de Sagitario, notaremos unha mancha no ceo similar á pegada dun cometa. Trátase de M8, coñecida como a Nebulosa da Lagoa.

Está formada por unha vasta nube de gas e pó interestelar ionizado que ocupa un área do espazo duns 140 por 60 anos luz. Trátase dunha nebulosa de emisión, que emite luz en diferentes cores a lonxitudes de onda non sempre visibles para o ollo humano. A súa fonte de enerxía é a ionización dos fotóns de alta enerxía emitidos por dúas estrelas moi quentes, 9 Sagitarii e Herschel 36 que excitan o hidróxeno circundante e fai que brille. No seu interior tamén se atopan a nebulosa NGC 6523 (o Reloxo de Area), e no seu lado esquerdo atópase o cúmulo aberto NGC 6530, un grupo de centos de estrelas novas e solitarias que parece que se separan da nebulosa.

Atópase a 5.200 anos luz de nós e a súa magnitude é de 6, foi descuberta polo astrónomo italiano Giovanni Battista Hodierna sobre 1654 e redescuberta polo astrónomo francés Guillaume Le Gentil en 1747.

Os arredores da Nebulosa da Lagoa, que vemos na foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e SGHN, conteñen gran cantidade de obxectos, que poden observarse con prismáticos ou con telescopios pequenos. Por exemplo: medio grado ao norte atópase a nebulosa Trífida, e nas proximidades o Cúmulo aberto M21, e os Cúmulos pechados NGC 6544 e NGC 6553. Na rexión do ceo comprendida estre as constelaciones de Escorpio e 

Saxitário podemos atopar todo un mundo astronómico a descubrir, tan só temos que animarmos.

 

Efemérides astronómicas de setembro

  • Día 6: Ás 07:04 h Lúa Chéa.
  • Día 8: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 9: Choiva de meteoros Píscidas. Actividade visible durante os meses de setembro e outubro, cun máximo de 10 por hora o día 9 de setembro. Radiante en Piscis.
  • Día 11: En 1822 o Santo Oficio autoriza a ensinar a teoría de Copérnico de que a Terra xira arredor do Sol.
  • Día 13: Ás 06:26 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 16: Marte e Mercurio moi próximos.
  • Día 18: Venus e a Lúa moi próximos.
  • Día 20: Ás 05:31 h Lúa Nova.
  • Día 20: Venus e Saturno moi próximos.
  • Día 22: A 19:53 Comenza o outono no hemisfério norte, primavera no sur.
  • Día 23: Aniversario da primeira observación de Neptuno polo astrónomo J. Galle (1846).
  • Día 27: Saturno e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Leo con magnitude -0,51, visible 1 hora antes do amencer.
  • Venus en Leo con magnitude -3,37, visible 2 horas antes do amencer.
  • Marte en Leo con magnitude de 2,03, visible 1 hora antes do amencer.
  • Xúpiter en Virgo con magnitude -1,26, visible media hora despois do solpor.
  • Saturno en Ofiuco con magnitude 0,67, visible durante tres horas despois do solpor.
  • Urano en Piscis visible con prismáticos, magnitude 6,05, casi toda a noite.

Cometas

Tan só C/2017 O1 con magnitude 7 en Tauro. Pode ser visto cun telescopio pequeño, sete horas antes do amencer. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.