Novo artigo na revista BRAÑA Censos de aves acuáticas invernantes en Galicia 1996-2015: Rías Altas do Cantábrico

Santiago, 25-08-2017

SGHN está a realizar dende 1973 os censos de aves invernantes acuáticas, imprescindibles para a protección destas aves e os espazos que ocupan, pois permiten avaliar a evolución das poboacións e a saúde dos sistemas lacustres para as manter.

Unha análise completa de dez anos (1996-2005) xa foi publicada. Para non demorar a presentación dos últimos datos, adiantaranse como artigos as diferentes áreas de Galicia cos datos máis recentes. Nun futuro inmediato publicarase unha análise completa do decenio 2006-2015.

Descargable en Revista BRAÑA